KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Colección de software de KDE 4.10

Versión 4.10 dos espazos de traballo de Plasma de KDE


A comunidade de KDE síntese orgullosa de anunciar unha nova versión dos espazos de traballo de Plasma, os aplicativos e a plataforma de desenvolvemento. Coa versión 4.10 a primeira colección de software libre para uso familiar e profesional fai melloras progresivas a un gran número de aplicacións e ofrece as últimas tecnoloxías.

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Français | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

Versión 4.10 dos espazos de traballo de Plasma de KDE A versión 4.10 dos espazos de traballo de Plasma mellora a compatibilidade con dispositivos móbiles e recibe melloras visuais

Varios compoñentes dos espazos de traballo de Plasma adaptáronse á infraestrutura Qt Quick/QML. Melloráronse a estabilidade e a facilidade de uso. Introduciuse un novo xestor de impresión e funcionalidade de xestión de cores.

versión 4.10 das aplicacións de KDE As aplicacións de KDE son máis fáciles de usar, máis eficientes e lévante a Marte.

As aplicacións de KDE obtiveron melloras de funcionalidades para Kate, KMail e Konsole. No caso das aplicacións de KDE Edu os cambios inclúen un deseño completamente novo para KTouch. Os xogos de KDE melloráronse e recibiron un xogo novo: Picmi.

Versión 4.10 da plataforma de desenvolvemento de KDE A versión 4.10 da plataforma de KDE abre máis API a Qt Quick

Esta versión facilita contribuír a KDE co SDK (equipo de desenvolvemento de software) de Plasma, a posibilidade de escribir trebellos de Plasma e coleccións de trebellos na linguaxe de etiquetas de Qt (QML), cambios na biblioteca libKDEGames e novas funcionalidades de scripting no xestor de xanelas KWin.


O equipo de calidade de KDE organizou un programa de probas para esta versión, asistindo aos desenvolvedores na identificación de fallos reais e probando coidadosamente as aplicacións. Grazas ao seu traballo, a innovación e a calidade de KDE van da man. Se lle interesa o equipo de calidade e o seu traballo, bótelle un ollo á páxina wiki do equipo de calidade.

Corre a voz e descubre o que está a ocorrer: Etiqueta con "KDE"

KDE anima á xente a difundir información na Internet social. Envía historias a sitios de noticias, usa canles como delicious, digg, reddit, twitter e identi.ca. Envía capturas de pantallas a servizos como Facebook, Flickr, ipernity e Picasa, e publíqueas nos grupos axeitados. Cree vídeos e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as publicacións e os materiais enviados con "KDE". Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 4.10 do software de KDE.

Festas de publicación de versión

Como de costume, membros da comunidade KDE organizan festas de publicación de versión en todo o mundo. Moitas están xa planificadas pero iranse organizando máis. Consulte a lista de festas. Pode unirse calquera! Haberá unha combinación de xente interesante e conversas inspiradoras, así como comida e bebida. É unha gran oportunidade para aprender máis sobre o que ocorre en KDE, involucrarse, ou simplemente coñecer a outros usuarios e colaboradores.

Animamos a todo o mundo a organizar festas de seu. Ser anfitrión pode ser toda unha experiencia e calquera pode facelo! Bótelle unha ollada aos consellos para a organización de festas.

microbuttons

Sobre estes anuncios de publicación de versión

Estes anuncios de publicación de versión preparáronos Devaja Shah, Jos Poortvliet, Carl Symons, Sebastian Kügler e outros membros do equipo de promoción de KDE e da comunidade KDE en xeral. Tocan o máis salientábel dos moitos cambios que se fixeron no software de KDE durante os últimos seis meses.

Apoiar KDE

Join the Game

Xa está aberto o novo programa de membros patrocinadores de KDE e.V. Con 25€ por trimestre pode axudar a que a comunidade internacional KDE siga medrando e facendo software libre de primeira.


 

Ligazóns de navegación globais